El contenido de esta página requiere una versión más reciente de Adobe Flash Player.

Obtener Adobe Flash Player

 

 

  Tractor Barreiros R335 (escala 1/10)     free counters
 

1.- PLANOS

2.- CHASIS E EIXES TRASEIROS
3.- EIXE DIANTEIRO
4.- MOTOR
5.- RODAS
6.- CAPÓ
7.- FOCOS
8.- GARDALAMAS
 
 
1.- Planos
 

Os planos foron feitos a partires dunhas fotos do modelo orixinal. Coa axuda das fotos e coas medidas do modelo orixinal fixen os planos á mesma escala que ía facer a maqueta (1:10), empregando para elo un programa de debuxo vectorial.

     

 

 

2.- CHASIS E EIXES TRASEIROS
 

Intentei facelo o mais semellante posible ao orixinal. Tendo en conta que vai ser o soporte do equipo de radio control, tiven que adaptalo para contar co máximo espazo posible para meter o equipo (diferencial, motor e servos).

 
 

 

  Está composto por tres chapas de latón de 5 mm, un cadradiño de latón e dúas “U” de aluminio de 10mm.
As chapas de latón forman unha caixa onde vai o diferencial e o servo que levantará os brazos elevadores de apeiros. Nos laterais desta caixa están os eixes (construídos con tubo de cobre de 14 mm) que agachan aos palieres da transmisión e serven para poñer os enganches dos brazos elevadores e mais dos gardalamas.
O cadradiño e as “U” están aparafusadas á caixa anterior e serán o soporte do motor  e do eixo dianteiro.
 
Aquí pódese ver como queda todo o conxunto despois de  montado.
 
 

             
 
         
 

 

3.- EIXE DIANTEIRO
 

 

Feito con dúas barras redondas de aluminio de 8 mm e chapa de 1 mm.


Coa chapa fixen un tubo de 8 mm de diámetro interior onde irán metidas as barras de aluminio, así, como no orixinal, consigo variar o ancho de vía do tractor.


Coa mesma chapa e dous parafusos de 3 mm fixen os soportes das rodas.

 
 

Despois de  montado no chasis quedaría así:

 

Nestas dúas imaxes pódese ver o soporte do servo de dirección de do variador de velocidade.


Todas estas pezas están aparafusadas ao chasis con parafusos de 2 mm.

 
 
 

 

4.- MOTOR
 

A idea é a de construír unha especie de caixa que albergará no seu interior un motor eléctrico e o sistema de dirección do modelo, sen esquecer a forma e os detalles para semellarse ao orixinal. Está construído con chapa de 1 mm. Tendo en conta que este modelo ten o motor á vista tiven que detallalo ao máximo posible, para iso empreguei unha foto do modelo real e  copiei as pezas a escala.

 
  Dúas imaxes do motor, detallado pero ainda sen imprimación. Pódense ver os materiais cos que o construín.
 
  O motor xa con imprimación e desmontado, onde se ve o motor eléctrico dentro, que será o que mova o tractor. O motor unha vez cerrado oculta ó motor eléctrico.
 
    O motor colocado no seu sitio no chasis.
 

 

 

5.- RODAS
 

Foi o mais complicado. Ao non dispor dun torno ou fresadora para mecanizar os discos, tiven que buscar unha alternativa. A solución non foi sinxela pero penso que si creativa e moi barata.

Despois de medir a circunferencia interior das gomas e o ancho, cortei unha chapa metálica coa medida da circunferencia e 4 mm máis que o ancho da goma. Ao rectángulo resultante marqueille 2 mm a cada lado do lateral máis longo e dobleino, de xeito que me quedou unha especie de U. Busquei un cilindro que se adaptase ao interior das gomas, neste caso axeitóuseme  moi ben  unha lata de cervexa. Arredor desta lata envolvín a U feita anteriormente, axudándome dunha abrazadeira metálica. Unha vez acadada a circunferencia e sen soltar a abrazadeira, soldei a peza, obtendo o disco exterior da roda traseira. A esta peza soldeille os seis soportes aos que vai aparafusado o disco que a suxeita ao eixe. Este disco interior fíxeno con material de refugallo. Buscando algo que se adaptase as medidas, atopei a tapa dun frasco de vidro que soldei a unha circunferencia.

 

 

O disco dianteiro fíxeno do mesmo xeito, a diferenza que non é desmontable.
 
   
 
 
 
   

Aquí unhas fotos de como vai quedando o tractor, despois de colocar no seu sitio as pezas construídas ata agora.

Nestas fotos tamén se pode ver o servo da dirección, colocado diante do motor, que logo quedará oculto pola carrocería.

 

6.- CAPÓ
Para facer o capó empreguei un molde feito con anterioridade. Este molde, que se pode ver nesta foto, está construído con madeira e fibra de vidro, é macizo. Sobre el dobrei unha chapa, axudándome con abrazadeiras metálicas, para obter a forma curvada. Na parte de diante, a forma redonda obtívenna facéndolle uns cortes a chapa, pregándoa sobre o molde e soldándoa con estano.   

Os laterais e a parte dianteira non foron complicados. Son dúas chapas recortadas coa forma desexada e soldadas con outra que está curvada, adaptándose a curva frontal do tractor. De seguido unhas fotos do resultado.

 
     
           
     
           
  Xa se pode apreciar a chimenea, o buraco do depósito do gasoil e o sítio onde inrán aparafusados os focos.

 

 

 

7.- FOCOS

Para cada foco empreguei unha bombona de aire comprimido e unha válvula do neumático dunha bicicleta. Despois de cortar as pezas ó tamaño desexado so queda soldalas e poñerlle o vidro. O da válvula é moi útil posto que é oca e permítenos pasar os cables para a luz.  

Os vidros fíxennos do seguinte xeito:

 
1.- Risquei a caixa transparente dun CD cunha coitela e fixen un molde do vidro dun pau.   2.- Despois de quentar o plástico raiado cuha lapa presioneino sobre o molde de madeira obtendo os vidros. Unha vez obtidos so queda recortalos e introducilos no foco.
 

     

 

 

8.- GARDALAMAS

 

Parecíame moi complicado. Tiña que cortar unha chapa e doblala para darlle a curva axeitada a roda, e non so esto se non que o tiña que facer dúas veces e que quedasen iguais.
 

Busquei algo que me puidese servir e que mellor ca un cazo que se axeitase ó diámetro da roda e que tivese os cantos da base redondos. Unha vez recordada a base a medida axeitada fan unhs bons gardalamas.

 

Nesta imaxe pódese ver o cazo.

 
 
 

Este é o resultado ata o momento

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

www.000webhost.com